A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda naceu en 1996 co fin de potenciar e dinamizar o comercio de Maceda e ao propio municipio en xeral.

O obxectivo fundamental da Asociación é agrupar, representar e apoiar a todas as empresas e profesionais do sector do comercio e os servizos da Vila Maceda, defendendo e fomentando os seus intereses.

 

Domicilio e Ámbito

A Asociación ten a súa sede na praza Benigno Álvarez 10, Maceda (Ourense) e o seu ámbito de actuación comprende:

Territorial: comarcal, dentro do ámbito municipal do Concello de Maceda e a súa comarca.

Profesional: a asociación circunscríbese á persoas físicas ou xurídicas que teñan aberto un establecemento comercial de calquera natureza, rama ou actividade, incluídos os do ramo de hostalería.

Teléfonos: 988 46 35 41 e 648 21 44 29

 

Xunta Directiva

A Xunta Directiva modificouse o 18 de novembro de 2015 e está composta polos seguintes membros:

Presidenta:
María Soledad Limia Gómez

Vicepresidente:
Gonzalo Rodríguez Rodríguez

Tesoureira:
Susana Gómez Gómez

Secretaria:
Cristina Crespo Vázquez

Vocais:
Jose Gómez Blanco
Antonio Vázquez Santiago
Purificación Fírvida Rodríguez

 

Asociados

A maioría dos nosos asociados proceden dos seguintes sectores profesionais:

  • Alimentación
  • Fogar e decoración
  • Moda e complementos
  • Saúde e beleza
  • Servizos

Programas de Cooperación Xunta de Galicia

A ACE Maceda dispón dunha subvención do Programa de Cooperación da Xunta de Galicia para entidades sen ánimo de lucro, garantía xuvenil, para a xestión, organización e coordinación das actividades da propia asociación.

Fondo Social Europeo

O pasado 21/11/2017 dictouse pola Secretaria Xeral de Emprego, a resolución pola que se outorgou unha subvención por importe de 11.604,62 euros a ASOCIACIÓN COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE MACEDA, equivalente aos custos salariais do traballador contratado, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de dito salario, resultante da contratación de 1 mozo desempregado inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E COORDINACIÓN DAS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN” (TR352C 2017/76-0).
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5., Prioridad de investimento 8.2., Obxectivo específico 8.2.4., Medida 8.2.4.2.