O CASTELO

Descrición arquitectónica

castelo4Despois de contemplar a estupenda vista de todo o val de Maceda e da serra de San Mamede, o primeiro que apreciamos é a muralla exterior preparada para a defensa na que salientan dous torreóns, un de forma rectangular ao lado da única porta e outro circular no lado oposto. Nas dúas restantes esquinas se aprecian contrafortes defensivos. No exterior tamén se aprecian aberturas, adaptación para as armas de lume propias do século XV. Se aprecian os ocos que soportaban unha solaina que xacando cubría tres dos seus lados do edificio.

As reformas que sufriu convertérono máis nun gran pazo que nun castelo. A porta de arco de volta perfecta presenta dous escudos, un coa torre e a aguia dos Novoa e o outro dividido en catro cuarteis pola cruz dos Rivadeneira, un cuartel cos trece róeles dos Bacelo, o segundo as raias dos Ulloa, un terceiro as catro barras e a Ave María Gratia Plena dos Mendoza e o último os seis róeles dos Castro. Nas esquinas preséntanse estes mesmos escudos.

Xa no interior é de obrigada visita o pozo con bocal de pedra no patio, unha espléndida escaleira de caracol, xa no piso superior as fiestras cos “faladoiros” e as ménsulas que sostiñan o antigo piso do salón, a cheminea e as fiestras. Tamén a exposición permanente e as distintas exposicións que alí se organizan.

Historia e orixe

Unha primeira referencia sitúanos no século XII cando o forte e as terras lindeiras son entregadas como dote no matrimonio entre María Fernández, filla de Dona Teresa de Portugal e o conde Fernando Pérez de Traba, con D. Juan Ares de Novoa de Ribadavia. A liñaxe dos Novoa establécese entón en Maceda e perdura ata o século XVII no que Maceda, con grandeza de España, concédese a Santiago Alonso de Lanzós, rexedor da cidade betanceira, por Felipe IV. Tamén como dato histórico destacar que algúns estudosos sitúan a Alfonso X aos 11 anos de idade neste castelo.

A principios do século XX o castelo paso a un estado de abandono enchéndose de maleza e sufrindo varios incendios e roubos. Nos anos 90 o concello adquiriuno iniciándose a súa restauración. Hoxe en día esta convertido en hotel monumento.